DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49521

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio eliminatorio e obrigatorio da proba de oposición.

En sesión que tivo lugar o 1 de setembro de 2025, este tribunal nomeado pola Resolución do 30 de xaneiro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo B, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil (DOG núm. 22, do 3 de febreiro), de conformidade co disposto nas bases II.1.2.2 e II.1.2.6 da convocatoria,

ACORDOU:

Anunciar que o segundo exercicio eliminatorio e obrigatorio do proceso selectivo terá lugar o 17 de setembro de 2025, ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 9 da Escola Galega de Administración Pública, sitas en Santiago de Compostela na rúa Madrid, 2-4 (As Fontiñas).

As persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade, así como de bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025

Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal