DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49283

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, pola que se acorda dar publicidade á sinatura do convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) de envases domésticos de vidro dun só uso, do 6 de agosto de 2025.

De conformidade co establecido no artigo 33.6 do Real decreto 1055/2022, do 27 de decembro, polo que se regulan os envases e residuos de envases, faise público que o 6 de agosto de 2025, formalizouse o convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia e os sistemas de responsabilidade ampliada do produtor (SRAP) de envases domésticos de vidro dun só uso, co obxecto de establecer as condicións para a recollida separada, xestión e reciclaxe de residuos de envases domésticos de vidro dun só uso no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

O texto íntegro do convenio está dispoñible para a súa consulta en https://sirga.xunta.gal/convenios?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_wA39&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_wA39_content=%2Fopencms%2FPortal-Web%2FContidos_Sirga%2FConvenio%2Fconvenio_0007.html e no portal de transparencia da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Cambio Climático e Sostibilidade