DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos no expediente OU-RES-2024-041 e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental pertencente á Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 27 de agosto de 2025

Mª José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado

OU-RES-2024-041

76725635G

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial

OU-RES-2025-033

Y1466010G

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2025-041

Y1208263H

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2025-057

Y3815887V

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor

OU-RES-2025-060

21076694T

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Polo instrutor