De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación do requirimento de documentación ditado no trámite inicial, no último enderezo coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícase a través deste anuncio o dito requirimento á persoa citada no anexo, que se empraza para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, compareza en persoa ou debidamente representada, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o contido íntegro do referido acto. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, terase por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírteselle que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen ter presentada a documentación, paralizarase o expediente con arquivamento das actuacións efectuadas, de conformidade co establecido no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Ourense, 23 de xuño de 2025
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Procedemento BS650A
|
Nº de expediente |
Persoa interesada |
Acto administrativo |
Data do acto administrativo |
|
32/00072-I/25 |
X0797189D |
Requirimento de documentación |
9.4.2025 |
