DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 26 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se somete a información pública o Plan estruturante de ordenación de solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

Asunto: Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo.

Concello: A Estrada (Pontevedra).

Promotora: Xestión do Solo de Galicia, S.A.

En cumprimento do establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, sométese o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo a información pública durante o prazo de vinte días hábiles.

Antecedentes:

Primeiro. A Estrada conta cun parque empresarial consolidado, o parque empresarial da Estrada-Toedo. O Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG), aprobado mediante o Acordo do Consello da Xunta do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio) recoñece o parque existente en funcionamento e a súa primeira ampliación (códigos de actuación 36017011 e 36017012).

O PSOAEG foi obxecto dunha modificación puntual aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia o 29 de novembro de 2018 (DOG núm. 242, do 20 de decembro) e dunha segunda modificación aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2024). Na segunda modificación do PSOAEG inclúese a delimitación da área empresarial denominada «Parque empresarial da Estrada-Toedo, segunda ampliación» (código 36017013).

Segundo. En desenvolvemento das previsións do PSOAEG, Xestión do solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove a elaboración dun Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) para o desenvolvemento do ámbito previsto na segunda modificación do PSOAEG.

Terceiro. O 29 de xullo de 2024 Xestur presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o borrador do PEOSE xunto co documento ambiental estratéxico para comezar a tramitación. O 7 de agosto de 2024 solicítase o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica.

Cuarto. O 25 de outubro de 2024 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade emitiu o informe ambiental estratéxico do PEOSE da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada, informe publicado mediante o Anuncio do 28 de outubro, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade no DOG núm. 217, do 11 de novembro de 2024.

Quinto. O 31 de xullo de 2025 Xestur presenta no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia o PEOSE para a aprobación inicial dirixido á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Sexto. Mediante a Resolución do 26 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, acórdase aprobar inicialmente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial da segunda ampliación do parque empresarial de Toedo, no concello da Estrada, para os efectos establecidos na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

O anterior faise público de conformidade co artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia.

A documentación pode consultarse na páxina web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/solo-empresarial

Durante o prazo de información pública, as distintas administracións e entidades públicas e privadas, así como calquera persoa interesada, poderán achegar cantas observacións e suxestións consideren convenientes ante a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2025

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial