DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2024/344-4).

Expediente: IN407A 2024/344-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e I5 para punto triplo das liñas GON814, GON815 e ROS805.

Concello: Baiona.

Feitos:

1. O 11.11.2024, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada LMTS, CT e I5 para punto triplo das liñas GON814, GON815 e ROS805.

A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado polo enxeñeiro técnico industrial Victoriano González Lemos, colexiado 2980 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e contén un orzamento total de 107.621,44 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar de Percibilleira, no concello de Baiona (Pontevedra):

– Substitución do centro de transformación Cabildo (36AM69) de 160 kVA por outro da mesma potencia, compacto rural de fin de liña, que irá situado na parcela con referencia catastral 54003A018003080000HP e estará alimentado pola liña de media tensión GON815 procedente da subestación Gondomar.

– Desmontaxe do tramo de liña de media tensión aérea en condutor LA-30 que alimentará o centro de transformación Cabildo (36AM69).

– Desmontaxe do XS existente no apoio 9P186XML//30 e do SXS existente no apoio 9P2VS2O4//30-A1.

– Instalación dun interruptor I5 no apoio 9P186XML//30 para a creación dun punto triplo entre as liñas GON814, GON815 e ROS805.

– Instalación dun XS e dun paso aéreo-subterráneo no apoio 9P2VS2O4//30-A1.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea de 87 metros de lonxitude para alimentar o novo centro de transformación proxectado.

2. Este departamento territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Baiona, o Instituto de Estudos do Territorio, o Servizo de Montes e o Servizo do Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Servizo de Montes e polo Servizo do Patrimonio Cultural.

O Concello de Baiona emitiu un condicionado con reparos que foi contestado pola empresa promotora. Esa contestación foi traslada ao concello para que emitise novo condicionado.

O Instituto de Estudos do Territorio non emitiu o condicionado técnico, así como o Concello de Baiona que non emitiu novo condicionado, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Debido ao informe do Servizo de Montes que recolle que as obras proxectadas afectarían terreos da CMVMC de Santa María de Fóra no monte veciñal de Baiona, este departamento territorial requiriulle á empresa promotora os acordos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

4. O 29.7.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou os acordos acadados coa CMVMC de Santa María de Fóra.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 87 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 9P2VS2O4//30-A1 da LMTA GON815, mediante un paso aéreo-subterráneo, e final no centro de transformación proxectado en substitución do centro de transformación Cabildo 36AM69.

– Centro de transformación compacto a 160 kVA, con relación de transformación 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 54003A018003080000HP, no lugar de Percibilleira.

– Instalación dun XS no apoio 9P2VS2O4//30-A1 e dun interruptor I5 no apoio 9P186XML//30 para creación de punto triplo entre as liñas GON814, GON815 e ROS805.

A instalación está situada en Percibilleira, na parroquia de Santa María de Baiona, no concello de Baiona (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CT e I5 para punto triplo das liñas GON814, GON815 e ROS805, expediente IN407A 2024/344-4.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada e de acordo coas seguintes condicións:

1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.

2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

3. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE nº 573, do 20 de febreiro), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.

Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 19 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra