DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49587

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa da parcela con referencia catastral 36001A020002080000SF.

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa a actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao non ter constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na Praza Consistorio 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Arbo, 22 de agosto de 2025

Horacio Gil Expósito
Alcalde

ANEXO

Expediente Xestiona: 409/2025.

Acto de notificación: requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión da biomasa vexetal da parcela con referencia catastral 36001A020002080000SF.

Localización da parcela: polígono 20, parcela 208, Margarida. O Urzal-Barcela-Arbo (Pontevedra).

Clase: rústico.

Uso principal: agrario.

Titularidade: en investigación.