DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 12 de setembro de 2025 Páx. 49581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de xullo de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Mañón (expediente DH.V15.108366).

En cumprimento do previsto no artigo 152.8.b) do Regulamento xeral de costas, aprobado polo Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

NIF: Q1567004E.

Expediente: DH.V15.108366.

Lugar: O Faro da Estaca de Bares.

Parroquia: Bares.

Concello: Mañón.

Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.

Caudal máximo anual: 95 m³/ano.

Punto de vertedura: X=605.897; Y=4.848.949.

Medio receptor: infiltración no terreo (bacía da ría de Santa Marta de Ortigueira).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais domésticas son tratadas nunha fosa séptica con filtro biolóxico deseñada para quince (15) habitantes equivalentes antes da súa vertedura por infiltración no terreo a través de tubo dren.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras