DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 27 de agosto de 2025, da Área Provincial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificada por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto obxecto de notificación adoptouno a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de agosto de 2025

Luis Guillermo Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/NIE

Acto obxecto notificación

VP-C 009/2025

B15970478

Resolución

VP-C 019/2025

B15970478

Resolución