DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49683

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios e addendas subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2025

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para instrumentar a achega de Galicia ao desenvolvemento do Programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

24.6.2025

Sen achega

económica

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para a realización do Programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+I do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

24.6.2025

Sen achega

económica

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas, M.P., para instrumentar a concesión dunha subvención por parte da Axencia Galega de Innovación destinada a complementar as axudas ao persoal investigador principal gañador dunha axuda do programa do Consello Europeo de Investigación (ERC) no marco do programa Horizon Europe.

3.7.2025

160.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN), e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do máster en Desenvolvemento Económico e Innovación.

30.7.2025

6.000,00 €