DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 2025 Páx. 49774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 27 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos ANP-CO-0042/2025-V.

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Por iso, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa indicada no anexo o acto administrativo ditado en relación co procedemento sancionador en materia de tenza de animais potencialmente perigosos (Lei 50/1999, do 23 de decembro; BOE núm. 307, do 24 de decembro).

Para o coñecemento íntegro de tal acto e constancia deste, as citadas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situado na rúa Vicente Ferrer, 2, planta 8ª, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Tras o transcurso do devandito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 27 de agosto de 2025

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada/DNI/NIE/NIF

Acto de notificación

ANP-CO-0042/2025-V

DNI 47376565S

Acordo de incoación de procedemento sancionador