De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para notificarlle o acto administrativo de comunicación dun trámite ditado no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil e demais normas de aplicación, e que figura no dito anexo.
O expediente está á disposición da dita persoa interesada ou da persoa que a represente, debidamente acreditada, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Política Social e Igualdade, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do acto administrativo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por efectuada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte á notificación do acto de comunicación do inicio do trámite de audiencia, efectuada por comparecencia, terá dez (10) días hábiles para presentar as alegacións, as suxestións e/ou a documentación que considere procedente.
Lugo, 21 de agosto de 2025
O director territorial de Lugo
P.S. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Sandra Díaz Colmenares
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Número de expediente: 2023/24/27.
Persoa interesada: Camilo Ávalos.
Acto administrativo que se notifica:
– Oficio de comunicación do inicio do trámite de audiencia do 26 de xuño de 2025.
