DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de asesor/a xurídico/a de igualdade, persoal funcionario, grupo A, subgrupo A1, correspondente á oferta de emprego público 2021 de estabilización de emprego temporal.

No BOP núm. 157, do 20.8.2025, aparecen publicadas as bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de asesor/a xurídico/a de igualdade, persoal funcionario, grupo A, subgrupo A1, incluída na oferta de emprego público correspondente ao ano 2021 para a estabilización de emprego temporal.

A presentación de solicitudes para participar na convocatoria farase no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante o procedemento que regula o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 25 de agosto de 2025

O alcalde
P.D. (Acordo do 11.12.2023; BOP núm. 241, do 20 de decembro)
Susana María Sanjurjo Fraga
Concelleira delegada titular da Área de Facenda,
Patrimonio, Recursos Humanos e Estatística