DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 2025 Páx. 49887

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D), convocado mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 125, do 2 de xullo).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D), convocado mediante a Orde do 26 de xuño de 2025 (DOG núm. 125, do 2 de xullo) e por delegación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade coa disposición adicional única da citada orde, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública,

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D).

A Estrada, 9 de setembro de 2025

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Proceso selectivo de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461D)

– Tribunal titular.

Presidenta: Paula Cajaraville Leiro, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria: Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

Martina Marcos Mosquera, oficial do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Begoña del Río Martínez, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

Fernando Lozano Selles, inspector do corpo da Policía Local do Concello do Barco de Valdeorras.

– Tribunal suplente.

Presidenta: María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra

Secretario: Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

Juan José Lemos González, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ames.

Diego García Fariña, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Ordes.

Héctor Corgo Souto, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Narón.