Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da planta de valorización de residuo para a produción de adicións de uso industrial localizada no Porto Exterior da Coruña, presentada por Euroash Recycling Corporation, S.L., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, se é o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.
A documentación estará ao dispor das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2025
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Anexo
Expediente: 2024-IPPC-I-165.
Titular: Euroash Recycling Corporation, S.L.
NIF: B-06805832.
Domicilio social: rúa Senra, 7-9, 3º B, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
Localización da instalación: Porto Exterior da Coruña, Arteixo (A Coruña).
Actividade: valorización de residuos non perigosos para a produción de adicións de uso industrial.
Categorías da actividade: 5.4.c) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, e grupo 9.b) do anexo II da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Descrición do proceso: os residuos recibidos someteranse a un proceso de secado, premoenda e moenda, posterior aditivación e clasificación.
Verteduras: non se xeran augas residuais industriais derivadas do proceso de valorización. Disponse de redes separativas de augas pluviais e fecais. As pluviais susceptibles de estaren contaminadas son tratadas e vertidas á rede de pluviais do porto e as augas pluviais sen afección vértense á rede de pluviais do porto. As augas residuais fecais son conducidas á rede de saneamento do porto.
