Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro), sométese a información pública a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:
Denominación: LAT 20 kV subterránea e novo CT As Rozadas (Castro de Rei).
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa , 9, 27003 Lugo.
Características técnicas principais:
• Novo apoio intercalado na LAT aérea 20 kV Vilalba, entre os apoios 206094 e 206093, sobre o que se retensará a liña existente. No dito apoio realizaranse as conversións aéreo-subterráneas da LAT soterrada ao novo CT As Rozadas.
• Nova LAT soterrada 20 kV entre o novo apoio e o novo CT As Rozadas, de dous circuítos, en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1x240 k Al + H16 e 350 m de lonxitude.
• Novo CT prefabricado As Rozadas 2L1P + telemando de 100 kVA en substitución do actual CTI 11572 Eiravedra.
A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con este acordo.
Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas neste departamento territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) no prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao da última publicación.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía deste Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Castro de Rei. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:
https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/castroderei
Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.
Lugo, 25 de agosto de 2025
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de LAT 20 kV subterránea e novo CT As Rozadas
(Castro de Rei)
Concello: Castro de Rei (Lugo).
Expediente: IN407A 2024/254-2.
|
Nº predio |
Referencia catastral |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Titular |
Apoio (nº) |
Apoio. sup. ocupación permanente (m²) |
LAT sup. afectada por voo m² |
LATS sup. ocupación permanente m² |
CT sup. ocupación permanente m² |
Acceso sup. ocupación permanente m² |
Accesos sup. ocupación temporal m² |
|
1 |
27010A16700126 |
167 |
126 |
Chantado |
Prado |
Descoñecido |
4 |
12 |
9 |
||||
|
2 |
27010A16500021 |
165 |
21 |
Montiño |
Prado |
Castro de Rei (Concello) |
12 |
29 |
13 |
