DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 10 de setembro de 2025 polo que se cita a persoa interesada en relación co procedemento que se tramita coa referencia SXRH-PD-6/25.

A persoa instrutora do procedemento SXRH-PD-6/25 remitiulle citación para o trámite de vista á persoa inculpada ao domicilio que consta nos rexistros da Consellería, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta a disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á publicación deste anuncio para que sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa, a referencia do procedemento e os trámites aos que é convocada:

Persoa citada: 36043601W.

Procedemento: SXRH-PD-6/25.

Trámite: citación para o día 10.10.2025, ás 12.00 horas, nas dependencias na cidade de Vigo do Servizo Territorial de Inspección Educativa do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (sitas no enderezo: Praza da Estrela, 9, 4º andar; na cidade de Vigo), co obxecto de permitirlle a vista do expediente do procedemento disciplinario que se tramita coa referencia SXRH-PD-6/25, en cumprimento do establecido no artigo 26.2 do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Administración autonómica de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

De conformidade co artigo citado, na dita comparecencia a persoa citada poderá solicitar unha copia completa do expediente.

Desde o día seguinte á vista do expediente, a persoa citada disporá dun prazo de dez (10) días para presentar as alegacións, os documentos e as xustificacións que xulgue pertinentes.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Pontevedra, 10 de setembro de 2025

Carolina García Rodríguez
Instrutora