DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/519-4).

O 27.11.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS e substitución CT Chapela 1 (36C937) por CTC.

Tras a correspondente tramitación, o 25.10.2024, este departamento territorial resolveu conceder as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/519-4), que foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro de 2024.

Por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación LMTS e substitución CT Chapela 1 (36C937) por CTC (expediente IN407A 2023/519-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS e substitución CT Chapela 1 (36C937) por CTC.

Concello: Redondela.

Características técnicas:

– Retirada do centro de transformación Chapela 1 (36C937) de tipo pombal e 630 kVA, situado na parcela con referencia catastral 7195010NG27779N0001RP.

– Instalación dun centro de transformación de 630 kVA, compacto manobra interior 3L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón telexestión BT, conectado ao tramo de liña de media tensión subterránea (LMTS) RED7140277 mediante unha LMTS proxectada de 27 metros.

– Desmontaxe de 5 metros do tramo RED7140277, de 5 metros do tramo TRO7181882 e 5 metros do tramo TRO7210370.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, na avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 28 de agosto de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/519-4.

Denominación: LMTS e substitución CT Chapela 1 (36C937) por CTC.

Concello: Redondela.

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

1

avenida Vigo-Chapela

Urbano

7195023NG2779N0001WP

Descoñecido/a

11,00