DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50315

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas

ANUNCIO de convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

José Luis Abalde Caride, con DNI ***2453**, e actuando como presidente da Comunidade de Usuarios de Naia, Sabaxáns e Cortellas, convoca para o 11 de outubro de 2025 no depósito da Comunidade, situado en Camiño Vello, 1 (Vigo), ás 17.00 horas en primeira convocatoria e ás 17.30 horas en segunda, a asemblea xeral ordinaria, conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Estado de contas do exercicio 2024.

3. Xestión da Xunta Directiva.

4. Novas altas.

5. Permiso de solicitude de subvencións no nome da Comunidade.

6. Revisión de importes das cotas anuais e sancións por fóra de prazo.

7. Información sobre uso indebido da auga.

8. Rogos e preguntas.

Vigo, 26 de agosto de 2025

José Luis Abalde Caride
Presidente da Comunidade de Usuarios de Naia,
Sabaxáns e Cortellas