DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 18 de setembro de 2025 Páx. 50306

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (referencia catastral da parcela 36001A043001070000SE).

De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies árboreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao non ter constancia de ningún domicilio, notifícaselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez días (10 días), contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza do Consistorio, 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Arbo, 27 de agosto de 2025

Horacio Gil Expósito
Alcalde

ANEXO

Expediente: 582/2025.

Interesado: en investigación.

Acto de notificación: requirimento do cumprimento de obrigas en materia de xestión de biomasa vexetal (nº de referencia catastral da parcela: 36001A043001070000SE).

Localización: O Couto-Barcela. Solo polígono 43, parcela 107, Costa Coella. 36435 Arbo (Pontevedra).

Clase: urbano.

Uso principal: solo sen edificar.