DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50363

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 3 de setembro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, polo que se convoca a provisión, polo procedemento de libre designación, dun posto de xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa, persoal estatutario de xestión e servizos, adscrito á Dirección de Recursos Económicos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), e da Orde do 22 de abril de 2020 (DOG núm. 82, do 29 de abril) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo procedemento de libre designación, un posto de xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa, persoal estatutario de xestión e servizos, adscrito á Dirección de Recursos Económicos na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que se relaciona no anexo.

Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse preferentemente no Rexistro da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, de Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas na intranet da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (https://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Provisión-de-postos-de-Xefatura-e-Coordinación/).

Pontevedra, 3 de setembro de 2025

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Denominación do posto

Prazas

Adscrición

Procedemento de

provisión

Xefe/a do Servizo de Contratación Administrativa, persoal estatutario de xestión e servizos

1

Dirección de Recursos Económicos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

Libre designación