DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50335

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2025 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro da Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

missing image file

O 18 de agosto de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

No artigo 15 establecíase que o prazo de presentación de solicitudes comezaría o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e remataría o 22 de setembro de 2025. Tendo en conta o grande interese que está a suscitar a convocatoria e que o prazo coincide parcialmente co período vacacional dalgúns organismos de investigación e dalgunhas empresas o que dificulta a presentación de solicitudes, considérase conveniente ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 10 días hábiles.

O artigo 32.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece a posibilidade de que a Administración, salvo precepto en contrario, poderá conceder, de oficio ou por pedimento dos interesados, unha ampliación dos prazos establecidos, que non exceda da metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiros.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

RESOLVE:

Artigo 1

Amplíase en 10 días hábiles, ata o 6 de outubro de 2025, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 15 da Resolución do 29 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, cofinanciadas pola Unión Europea nun 60 % no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación