Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 26 de agosto de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:
– Parque 1:
Identificación e localización: parcela número 1014-462 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 3.292,68 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 2:
Identificación e localización: parcela número 128-A dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 687,59 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 3:
Identificación e localización: parcela número 155 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 760,07 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
– Parque 4:
Identificación e localización: parcela número 1615-5462 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 937,79 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actual titular: Parques de Cultivo Ramón Daporta e Hijos, S.L. (B94142684).
Nova titular: Pilar Daporta Fernández (***3934**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 26 de agosto de 2025
A directora territorial de Vigo
Por suplencia (Resolución do 13.5.2024)
Carmen de Benito Caula
Xefa do Servizo de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
