DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50368

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 4188/2025 interposto contra a Resolución do 10 de abril de 2025 pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2025/26.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4188/2025, interposto contra a Resolución do 15 de maio de 2025, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pola que se inadmite un recurso de alzada contra a Resolución do 10 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies durante a tempada 2025/26 en que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento das persoas interesadas no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2025

A directora xeral de Patrimonio Natural
P.D. (Resolución do 12.8.2025)
Tomás Fernández-Couto Juanas
Subdirector xeral de Espazos Naturais