DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 19 de setembro de 2025 Páx. 50400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2022/367-1, no concello de Ortigueira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LAMT MEA809, Espasante-Mañón 9, entre os apoios BDW6EPS1//D125-B-3 e BDVVFFAU//D125-B-6, no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2022/367-1), acto que se realizará en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e amosarán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 4 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/367-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Regulamentación LAMT MEA809, Espasante-Mañón 9, entre os apoios BDW6EPS1//D125-B-3 e BDVVFFAU//D125-B-6.

Concello: Ortigueira.

Predio

Lugar

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

1

Capelos

Polígono: 12, parcela: 1141

Dolores Carmen Porbén Macilleira

31.10.2025

10.20

3

Capelos

Polígono: 12, parcela: 143

María Carmen Piñón Villar

31.10.2025

10.20

9

Castro

Polígono: 12, parcela: 1161

María Carmen Guerreiro Maragoto

31.10.2025

10.30