DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario 311/2025.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, tramítase o recurso 311/2025 (procedemento ordinario) interposto por María Isabel Moyano Vicente contra a Resolución do 17 de marzo de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais e se inicia o prazo para a elección de destino (DOG núm. 59, do 26 de marzo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos