DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 13 de agosto de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños con números 736 e 737.

Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 12 de agosto de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 736 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.145,23 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG número 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 737 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, concello de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 475,22 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG número 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: María Carmen Meaños Galbán (***9373**), Juan José Farto Meaños (***5115**), Irene María Farto Meaños (***6329**), María del Mar Farto Meaños (***5934**) e Vanesa María Farto Meaños (***7736**).

Novo titular: Raúl Bouzada García (***8598**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os/as titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 13 de agosto de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo