DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50486

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2025 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, mediante a Resolución do 4 de xullo de 2025 (DOG número 131, do 10 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

Tribunal titular

Presidencia:

– Bran Casal Pereira, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes.

Secretaría:

– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– María Isabel Noya González, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Montserrat Martínez Morán, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.

– José Antonio Fernández Bouzas, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.

Tribunal suplente

Presidencia:

– Nicasio Daniel Mejuto Martí, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

Secretaría:

Emma Coello Paz, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Vogais:

– Juan Manuel Camiño Soto, persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade bioloxía.

– Laura Rodríguez Álvarez, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría agronómica.

– Sandra Noemí Suárez-Noguerol Calvet, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.