Purificación Penín Fernández, con DNI ***4248**, e actuando como presidenta da Comunidade de Augas de Uso Doméstico de Vilaza, por este anuncio convoca:
O vindeiro 26 de outubro de 2025, no Centro Cultural de Vilaza, ás 10.30 horas en primeira convocatoria e ás 11.00 horas en segunda convocatoria, á asemblea extraordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, de ser o caso, do que proceda:
1. Lectura e aprobación da acta da asemblea do 26 de maio de 2024.
2. Información do estado da novación da concesión de auga.
3. Substitución de contadores avariados, tarifas e facturación.
4. Rogos e preguntas.
Gondomar, 27 de agosto de 2025
Purificación Penín Fernández
Presidenta da Comunidade de Augas de Uso Doméstico de Vilaza
