DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se dá publicidade á resolución pola que se modifica e revisa a autorización ambiental integrada outorgada a Codisoil, S.A. para a planta de tratamento e de almacenamento de residuos no concello de Marín (expediente 2024-IPPC-M-1 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de almacenamento e de tratamento de residuos

Procedemento: modificación non substancial, corrección de erros e revisión da autorización ambiental integrada para a adaptación á Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular

Titular: Codisoil, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2014-IPPC-37_271

Localización: concello de Marín

Expedientes:

2024-IPPC-M-1

2024-IPPC-M-133

Esta resolución poderá consultarse na ligazón https://medioambiente.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade (Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, rúa San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025

María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade