DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50467

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311B).

BDNS (Identif.): 856976.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/856976

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase estudos de formación profesional de grao superior no curso 2023/24 (presencial ou a distancia) nalgún centro educativo da Comunidade Autónoma de Galicia e rematase en 2024 cunha cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de formación profesional (código de procedemento ED311B) para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2023/24 na Comunidade Autónoma de Galicia e rematou en 2024. O alumnado premiado poderá concorrer, logo da súa inscrición, ao correspondente premio nacional de formación profesional de grao superior.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde EDU/2128/2011, do 15 de xullo (BOE núm. 180, do 28 de xullo), que crea e regula os premios nacionais de formación profesional de grao superior establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 (código de procedemento ED311B).

Cuarto. Importe

Vinte e tres (23) premios extraordinarios (un por cada familia de formación profesional de grao superior implantada na Comunidade Autónoma de Galicia) cunha dotación total de 23.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm. 114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Ciencia, Universidades e Formación Profesional