DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o inicio do prazo para presentar a folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de modificación da LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados, entre os apoios 44 e 45.

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante o presente anuncio notifícase o inicio do prazo para presentar a folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación da LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados, entre os apoios 44 e 45, dos predios que se detallan no cadro anexo, de acordo co artigo 29 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

As persoas interesadas poderán presentar, no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a folla de valoración en que concreten o valor da indemnización que consideren que lles corresponde pola imposición das servidumes de paso dos predios que figuran na relación.

Vigo, 4 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/476-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: Modificación da LAT 66 kV SC Vilagarcía-Cambados, entre os apoios 44 e 45.

Concello: Cambados.

Predio

Referencia catastral

Titular

1

36006B501001650000WT

Carmen Abal González