DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 22 de setembro de 2025 Páx. 50506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a constitución do depósito de pagamento do prezo xusto polas afectacións derivadas da construción dunha instalación eléctrica no concello de Rubiá (expediente IN407A 2023/60-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio cítanse as persoas titulares dos predios relacionados no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ser posible a notificación prevista na citada norma, da constitución por parte da empresa beneficiaria dos depósitos de pagamento do prezo xusto, acordado mediante a Resolución do Xurado de Expropiación de Galicia, e os xuros de demora, relativos ás afectacións derivadas da construción da instalación eléctrica denominada Instalación de RC TC na LMTA BDV705 no apoio número D23-76-8, situada no concello de Rubiá.

As persoas titulares ou as súas representantes deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, 32003 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Na comparecencia terán que presentar unha copia do seu DNI/NIF, a documentación que os acredite como titulares dos predios afectados e unha certificación de titularidade da conta bancaria onde se lles ingresará a cantidade correspondente ao depósito constituído ao seu favor. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Ourense, 4 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado
ou non notificadas

Nº de expediente: IN407A 2023/60-3.

Denominación: Instalación de RC TC na LMTA. BDV705 no apoio número D23-76-8.

Concello: Rubiá.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Data do deposito

1

Ferrol

32074A013000150000XT

Descoñecido/a

25 de agosto de 2025