DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50640

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa das bateas Rodrigil VI e Rodri II.

Antecedentes:

1. O día 14 de setembro de 2025, Jose Luis Rodríguez Malvido e Margarita Cruz Cordeiro solicitaron autorizacións para a transmisión inter vivos das concesións administrativas das bateas Rodrigil VI e Rodri II.

2. O día 16 de setembro de 2025, a persoa titular do Departamento Territorial da Consellería do Mar en Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

3. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a súa tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro) e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa dos seguintes viveiros:

Tipo: batea.

Nome: Rodrigil VI.

Situación:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 27.6.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Margarita Cruz Cordeiro (***9493**) e Jose Luis Rodríguez Malvido (***1190**).

Nova titular: Patrón do Norte, S.L. (B22850986).

Tipo: batea.

Nome: Rodri II.

Situación:

Cuadrícula nº: 8.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.3.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Jose Luis Rodríguez Malvido (***1190**).

Nova titular: Patrón do Norte, S.L. (B22850986).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular das concesións queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da transmisión en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Vigo, 17 de setembro de 2025

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Maria Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo