DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50545

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2025 pola que se modifica a Resolución do 12 de agosto de 2025 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2025/26, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR952A).

Antecedentes:

No Diario Oficial de Galicia nº 115, do 18 de xuño, publicouse a Orde do 4 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2025/26, e se procede á súa convocatoria.

No Diario Oficial de Galicia nº 160, do 22 de agosto, publicouse a Resolución do 12 de agosto de 2025 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2025.

Na dita resolución, concedeuse:

– A Raúl Bergua Claver a praza de residente en tecnificación na modalidade deportiva de bádminton no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD). Segundo consta no anexo I da citada resolución, o deportista cursa, no curso 2025/26, 2º de bacharelato.

Con data do 18 de agosto de 2025, consta a renuncia de Raúl Bergua Claver á praza de residente concedida.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 11.4 da Orde do 4 de xuño de 2025 dispón:

«As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito polo/a interesado/a ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes ás federacións nas cales se produzan as baixas e seguindo a listaxe de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.

No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita».

No anexo V.b) da Resolución do 12 de agosto de 2025 figura a relación de solicitudes denegadas para as instalacións do CGTD de Pontevedra do grupo de tecnificación (ordenadas por deporte e puntuación). Así mesmo, no anexo III da citada resolución figura a listaxe de solicitudes denegadas no grupo de tecnificación por orde alfabética, con indicación do motivo de denegación.

Con relación á baixa presentada no grupo de tecnificación, e seguindo os criterios do artigo 11.4 da Orde do 4 de xuño de 2025, proponse cubrir a praza co deportista que figura na listaxe de solicitudes denegadas para tecnificación, da mesma modalidade deportiva que o que causou baixa, condicionado á dispoñibilidade de praza segundo a organización das habitacións por xénero e curso escolar.

O seguinte deportista da antedita listaxe é Darío Míguez Sangiao, de 1º de bacharelato, da modalidade deportiva de bádminton.

Polo tanto, proponse a este deportista para cubrir a praza de residente 1 no grupo de tecnificación.

Tendo en conta o exposto, de acordo coa proposta da Secretaría Xeral para o Deporte, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar a Resolución do 12 de agosto de 2025 pola que se publica a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo, ao abeiro da Orde do 4 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o CGTD para a tempada 2025/26, e se procede á súa convocatoria, no seguinte punto:

1. Outorgar a praza de residente 1 no grupo de tecnificación á persoa deportista Darío Míguez Sangiao, na modalidade de bádminton.

Segundo. Esta modificación publicarase no Diario Oficial de Galicia, exporase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal/ e será notificada á federación deportiva galega afectada.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do dia seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte