De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida ou porque, intentada dúas veces a notificación, estas non se puideron efectuar.
Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispoñe dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede deste departamento territorial, sita na avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Pontevedra, 5 de setembro 2025
Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado |
|
CON-PO-0042/2025 |
48798877F |
Proposta |
Pola instrutora |
