Mediante a Resolución do 10 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, das instalacións eléctricas no concello de Cortegada (expediente IN407A 2025/017-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, no Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 4 de setembro de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2025/017-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación da LMTA FRI801 no tramo entre os apoios núm. 62-42 e núm. 62-46.
Situación: lugar de Seixomil, concello de Cortegada.
Predio núm. no proxecto: 1; referencia catastral: 32028A011001170000DB.
Lugar: Anovada.
Cultivo: monte baixo.
Titular: descoñecido.
Afeccións: ocupación de 2 m² para o apoio núm. 62-44.
