DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 2025 Páx. 50586

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de setembro de 2023 pola que se convocan probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico xestor de tecnoloxías da información e das comunicacións, grupo II, pola quenda de promoción interna.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 184, do 27 de setembro de 2023, procede realizar a seguinte corrección:

Nas páxinas 54689 e 54690, onde di:

«Bloque III. Enxeñaría do software.

15. Java, versión 17, linguaxe e biblioteca estándar. Elementos sintácticos e estruturais da linguaxe. Interfaces de programación presentes no Java SE 11 API de Java EE versión 8. Programación coa API JDBC. Programación coa API JPA 2.2. Transaccións. Despregamento de aplicacións web en Apache Tomcat 10.X».

Debe dicir:

«Bloque III. Enxeñaría do software.

15. Java, versión 17, linguaxe e biblioteca estándar. Elementos sintácticos e estruturais da linguaxe. Interfaces de programación presentes no Java SE 17 API e no Jakarta EE API versión 10. Programación coa API JDBC. Programación coa API JPA 2.2. Transaccións. Despregamento de aplicacións web en Apache Tomcat 10.X».