DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50706

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, relativa á publicación das puntuacións definitivas e finalización da fase de oposición dos procesos selectivos para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario.

Mediante a Resolución do 7 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 16 de xullo), modificada pola Resolución do 29 de agosto de 2025 (DOG número 171, do 5 de setembro), publicouse o modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios, así como das puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario, convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de decembro de 2023 (DOG número 241, do 21 de decembro, e DOG número 246, do 29 de decembro) e do 19 de abril de 2024 (DOG número 85, do 30 de abril).

A base oitava das resolucións de convocatoria dos procesos dispón que, tras a publicación das puntuacións provisionais dos exercicios, os/as aspirantes poderán presentar reclamación, ante o tribunal, no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da dita publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A estimación ou a desestimación das reclamacións entenderase implícita na resolución pola que se aproben as puntuacións definitivas dos distintos exercicios, que se publicará no Diario Oficial de Galicia. Se no mesmo período o tribunal, de oficio, aprecia algún erro na confección aritmética da puntuación obtida na fase de oposición por algún/algunha aspirante, poderá efectuar a súa corrección.

Unha vez finalizado este prazo, e de conformidade coa dita base, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), ás puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes presentadas en cada un dos exercicios que integran a fase de oposición dos procesos selectivos convocados polas resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de decembro de 2023 (DOG número 241, do 21 de decembro, e DOG número 246, do 29 de decembro) e do 19 de abril de 2024 (DOG número 85, do 30 de abril), para o ingreso nas seguintes categorías polas diferentes quendas de acceso:

Persoal sanitario non facultativo:

Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en dietética, técnico/a superior en documentación sanitaria e técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico.

Persoal de xestión e servizos:

Grupo técnico da función administrativa, grupo de xestión da función administrativa e grupo auxiliar da función administrativa (en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual).

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición dos referidos procesos selectivos.

Terceiro. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos nas bases 7 e 11 das resolucións de convocatoria dos procesos.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos