De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de dez (10) días, desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) de Ourense, das 9.00 ás 14.00, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ourense, 5 de setembro de 2025
José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de propiedade |
Interesada |
Acto que se notifica |
|
837 |
Pérez Pérez, Blandina |
Resolución de modificación do Acordo do 27.5.2025 |
