DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 2025 Páx. 50761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de setembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Ponteceso (expediente DH.V15.110869).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Concello de Ponteceso.

NIF: P-1506900H.

Expediente: DH.V15.110869.

Lugar: Brantuas de Abaixo.

Parroquia: Brantuas.

Concello: Ponteceso.

Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.

Caudal máximo anual: 18.250 m3/ano.

Punto de vertedura: X=508.414; Y=4.791.366.

Medio receptor: río Pelamio (bacía do río Anllóns).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais domésticas recollidas no saneamento do núcleo de Brantuas de Abaixo, Brantuas, son tratadas nun sistema de depuración constituído por unha arqueta con reixa de desbaste e depuradora compacta de oxidación total, deseñado para 250 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura ao río Pelamio mediante condución de PVC.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras