DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 25 de setembro de 2025 Páx. 50998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución do proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para substitución de ERM existente Q.2500-D por ERM nova 16/4 Q.5000-D, situada na avenida Mar no termo municipal de Fene (A Coruña), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2024-006-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionaria: Nedgia Galicia, S.A.

Obxecto da petición: substitución na rede de distribución de gas natural dunha estación de regulación e medida (ERM) existente por unha nova de maior caudal nominal, no marco do plan de ampliación de redes, servizos e melloras técnicas de Nedgia Galicia, S.A.

As instalacións atópanse nas coordenadas UTM ETRS-89 X: 567.095,90 Y: 4.814.250,9 no concello de Fene, e as súas características técnicas son:

Substitución da estación de regulación e medida (ERM) existente modelo Q.2500-D por unha nova ERM modelo Q.5000-D, para o que son precisas as seguintes actuacións:

– Instalación de ERM Q.5000-D situada na mesma parcela que a ERM existente, cun caudal máximo de 8.000 m3(n)/h, presión de operación de entrada 16 bar e presión de saída 4 bar.

– Construción bypass provisional en polietileno DN 90 mm en MOP 4 cunha lonxitude de 10 m sobre a rede existente RMB-15035 en polietileno DN 160 en MOP 4 bar.

– Construción de rede en aceiro 4” MOP16 bar de entrada á ERM cuxa conexión inicial é a xunta illante da válvula de entrada á ERM situada sobre a rede existente RAA-I.014.3 cunha lonxitude de 1 m.

– Construción de rede en polietileno DN 160 mm MOP 4 bar de saída da ERM cuxa conexión final é a rede existente RMB-15035 cunha lonxitude de 16 m.

– Anulación da ERM existente.

– Instalación 1 válvula de liña PE 100 DN160 á saída da ERM por instalar.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou no teléfono 981 18 49 02). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 27 de agosto de 2025

O director territorial da Coruña
P.A. (Artigo 40 do Decreto 140/2024, do 20 de maio)
Lourdes Fernández Parajes
Xefa do Servizo de Industria