En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: José Carlos Filgueira Solla, en representación da Comunidade de Usuarios Os Tornos.
Expediente: DH.A36.106894.
Volume total anual: 6.832,80 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,4 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: cinco (5) mananciais M1 a M5.
M1, M2 e M5 en parc. 444, pol. 59, do Catastro de Cerdedo-Cotobade.
M3 e M4 en parc. 620, pol. 59, do Catastro de Cerdedo-Cotobade.
Lugar: A Arrotea.
Parroquia: Almofrei.
Concello: Cerdedo-Cotobade.
Descrición:
– A auga das captacións reúnese para conducila a depósito formigón armado na parc. 36012A063019720000ZW, do cal parte rede de distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.
– O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 5 de xuño de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
