Mediante a Resolución da Xerencia da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A., do 18.9.2025, adoptáronse os seguintes acordos:
1. Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos no proceso selectivo indicado, as cales se incorporan como anexo á resolución.
2. Publicar as referidas listas na páxina web da sociedade (www.vivendapublica.gal), e anunciar no DOG a dita publicación.
3. Conforme o establecido no punto 6.1 e no anexo B.1 das bases da convocatoria, as persoas interesadas disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG do anuncio da aprobación das listas provisionais de admitidos e excluídos, para reparar calquera erro que sexa emendable.
Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025
María Doporto Santos
Xerente de Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.
