DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51193

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO de aprobación das bases e convocatoria para o proceso selectivo dun técnico de urbanismo a xornada parcial.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 211, do 13 de setembro de 2025, publícanse a convocatoria e as bases que rexerán, polo sistema de oposición, en quenda libre, o proceso selectivo dunha praza de técnico de urbanismo, a xornada parcial (75 %), pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1/A2.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e das bases no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello do Vicedo.

O Vicedo, 22 de setembro de 2025

José Jesús Novo Martínez
Alcalde