De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), ao ser descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo as resolucións de correccións de erros de expedientes de concesións de augas, por ter detectado algún erro material, ditados no expediente DH.A36.57697 e oito máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que xulguen pertinentes.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data da resolución |
|
DH.A36.57697 |
Comunidade de Usuarios A Garrida |
18.6.2025 |
|
DH.A36.42889 |
Comunidade de Usuarios de Cataliña |
18.6.2025 |
|
DH.A36.73317 |
Comunidade de Usuarios de Calvos |
18.6.2025 |
|
DH.A15.46503 |
Mª Esther Martínez Figueiras |
20.6.2025 |
|
DH.A15.78857 |
Comunidade de Traída e Aproveitamento de Augas do lugar de Sandá |
20.6.2025 |
|
DH.A36.42881 |
Comunidade de Usuarios de Fonte Vieita |
18.6.2025 |
|
DH.A36.42904 |
Comunidade de Usuarios Vilaverde-Zamáns |
18.6.2025 |
|
DH.A36.42898 |
Comunidade de Usuarios de Fte. Cerquide e Fte. Mouro |
18.6.2025 |
|
DH.A15.71342 |
Amalia Ameneiro Arceo e Jorge González Ferreira |
20.6.2025 |
