DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 2025 Páx. 51129

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2025 pola que se corrixen erros na do 10 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Detectados erros na Resolución do 10 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios (expediente CU2401), correspondente ao corpo de catedráticos e catedráticas de universidade, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño de 2025, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 34952, na praza de referencia nº 13, na comisión titular, onde di: «Secretaria-María Victoria Borrachero Rosado-catedrática de Universidade-Universitat de València (Estudi General)», debe dicir: «Secretaria-María Victoria Borrachero Rosado-catedrática de Universidade-Universitat Politècnica de València».

Vigo, 22 de setembro de 2025

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo