Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 5 de setembro de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 845 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 834 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Actuais titulares: Dolores García Portas (***3073**) e Yolanda Brea García (***6660**).
Nova titular: Yolanda Brea García (***6660**).
A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas das anteriores.
Vigo, 5 de setembro de 2025
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
