DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51337

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto dos predios afectados por un proxecto de instalación eléctrica situada no concello da Merca (expediente IN407A 2022/171-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas de pagamento do prezo xusto fixado polo Xurado de Expropiación de Galicia relativo aos predios afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de reconectador TC na LMTA CEL804, apoio 140-1, na casa do concello da Merca, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

As persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados deberán comparecer no dito acto, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade. Tamén deberán achegar unha certificación de titularidade da conta bancaria onde, logo da súa solicitude, se lles ingresará, mediante transferencia, o importe do prezo xusto máis os xuros correspondentes.

Ourense, 11 de setembro de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado
ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/171-3.

Denominación: instalación de reconectador TC na LMTA CEL804, apoio 140-1.

Concello: A Merca.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Lugar da convocatoria

Data

Hora

1

Zaramontao

32048A506004010000XM

Herdeiros de Sara Grande Carreiro

Casa do concello da Merca

27.10.2025

13.00