DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51423

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas de Abelán

ANUNCIO de convocatoria da asemblea ordinaria.

Francisco Rey Redondo, veciño de Bealo, Boiro, por este anuncio convoco á xunta ordinaria todos os usuarios da Comunidade de Augas de Abelán, que terá lugar o 16 de outubro de 2025, ás 18.30 horas e ás 19.00 horas, en primeira e segunda convocatoria, respectivamente, no centro social da Ponte Beluso, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2. Estado de contas.

3. Actualización do censo de usuarios de augas.

4. Elección da nova Xunta de Goberno.

5. Informe da Xunta de Goberno e toma de acordos.

6. Rogos e preguntas.

Boiro, 8 de setembro de 2025

Francisco Rey Redondo
Presidente da Comunidade de Usuarios de Augas de Abelán